Duración: 8 Horas.
Datas: 12 de novembro
Lugar: Local Hipócrita
Dirección: Rúa Doutor Gasalla 18
Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
Profesor: Brais Iriarte Alonso
Número de prazas: 15
Obxectivos xerais:
Coñecer a función que exerce o teatro na música e as súas posibilidades. Potenciar a cohesión do grupo.
Estimular a toma de conciencia das propias capacidades expresivas e comunicativas a partir do traballo individual e de grupo.
Poñer en práctica todo o aprendido a través dunha posta en escena.
Obxectivos específicos:
Exercitar e educar a escoita corporal.
Desenvolver a presenza escénica.
Crear unha dramaturxia musical.
Aplicar as funcións expresivas da música no teatro.
Desenvolver a autoestima, a imaxinación, a creatividade e a sensibilidade
estética e artística a través da música e o teatro.
Desenvolver a espontaneidade, a imaxinación e a orixinalidade para promover
unha conduta creativa.
Exercitar a voz para desbloquear as posibilidades vocais inutilizadas.
Experimentar as técnicas de improvisación para desenvolver a
espontaneidade.
Traballar ferramentas para a creación dun personaxe.
Musicalizar unha escena teatral.
Contidos:
Recursos musicais-interpretativos
A metodoloxía utilizada adaptarase a cada grupo/idade de referencia:
Expresión corporal-rítmica e vocal.
Musicalición de obxectos.
Traballar e diferenciar a música diexética da extradiexética.
Elementos dramáticos.
Creación musical.
Improvisacións: individuais, con dous personaxes e colectivas.
Espontaneidade corporal.
Espazo: coñecer as dimensións espaciais do son en escena.
Xogos de expresión.
Traballo de ritmo, equilibrio e coordinación.
Recursos musicais:
A melodía
A harmonía
A intensidade
O silencio
O ritmo
O timbre
Os coidados corporais e da voz
Brais Iriarte Alonso, é licenciado en Arte Dramática pola ESAD de Galicia. Formado no Conservatorio de Tui en guitarra eléctrica.
Músico multinstrumentista e cantante formado en Galicia e Portugal. Traballou en diversos proxectos teatrais como Fogo-Fatuo, Se fosen turistas levarían
lentes de sol, A lingua na boca, A lingua de contrabando ou Pedro madruga non Castelo de Soutomaior.
Actualmente é director da compañía Limiar Teatro e actor/músico da compañía de teatro Negro López.
Custe:
10 € membros de FEGATEA-FETEACYL-TEIA.
15 € persoas non federadas.
Data límite inscrición: 6 de novembro.
Ligazón formulario de inscrición: “A música no teatro, o teatro na música”
Ao chegar aos 15 formularios xa non se poderá acceder ao mesmo.