A Federación Galega de Teatro Afeccionado celebra en 2026 a vixésimo quinta edición do Festival Agustín Magán, unha cita consolidada que cada ano reúne en Santiago de Compostela a compañías federadas de toda Galicia para compartir creación, talento e paixón polo teatro.

Ao longo dos meses de setembro e outubro, diferentes espazos culturais da cidade —Salón Teatro, Museo das Peregrinacións, Sala Magán e Teatro Principal— acollen unha programación variada que inclúe comedia, drama, propostas contemporáneas e montaxes familiares. Un festival que pon en valor o traballo das compañías afeccionadas e a súa contribución á vida cultural galega.

A continuación podes consultar as datas, horarios e espectáculos programados en cada sede.

Comparte nas túas redes