Curso: Aproximación as ferramentas tecnolóxicas ó servizo das Artes Escénicas.

Data.- 29 Outubro 2022

Lugar.- Sala Magán. Santiago de Compostela.

Imparte: Uxío Álvarez Centeno.- Técnico de son e iluminación, con máis de 30 anos de experiencia no sector. Socio Fundador da empresa Inforsonic Sistemas dedicada a instalación, venta e aluguer de equipamento escénico, son e iluminación.

A razón de ser do curso:

Vista a evolución tecnolóxica en todos os ámbitos da vida, non ia ser menos no senso das artes escénicas.

A iluminación Led, as luminarias intelixentes, os recursos multimedia, e efectos especiais, están cada vez máis doados de topar nos escenarios polos que nos imos movendo.-

Asimesmo existen moitos recursos en forma de software que nos van a facer moito mais levadeiro o lanzar sons, videos… podendo automatizar procesos e así evitar erros… que todos sabemos que son traumáticos nun mundo onde só hai unha oportunidade de facelo ben.

Este curso vai destinado a que os asistentes coñezan os diversos dispositivos  e recursos de hardware e software cos que poden contar para afrontar proxectos de iluminación e sonorización nos espectáculos.

Non nos quedaremos nunha mera mención e enumeración dos mesmos, senón que entraremos un pouco máis en profundidade para que cando os topemos nun espazo escénico sexamos quen de operalos mínimamente ou nos poda servir como un punto de inicio para aprender o seu manexo.

Como somos algo teimudos no tema da seguridade, faremos un repaso das medidas de seguridade que consideramos máis importantes á hora de operar sistemas volados.

CUSTE:

10 € membros de FEGATEA-FETEACYL-TEIA.

20 € persoas non federadas.

A selección de participantes farase por rigorosa orde de inscrición.

Formulario de inscrición a obradoiro “Aproximación as ferramentas tecnolóxicas ó servizo das Artes Escénicas”

Data límite para inscricións: domingo 02 de outubro ás 24 horas.

 

 

 

Comparte nas túas redes