Graduado en Artes Aplicadas e Oficios Artísticos. Ten asistido a cursos de escenografía con Francisco Nieva, construción e posta en escena de marionetas con Peralta do Amo e Jiri Jâros. Artista integral: dramaturgo, director de escena, actor, animador de marionetas, escenógrafo, deseñador gráfico, pintor, escultor e fotógrafo. Mestre artesán en escenografía e carteis.
Premio Galicreques 2021, Premio da Crítica de Galicia das Artes escénicas 2020, Premio da Cultura Galega das Artes escénicas 2019, Premio Xiria da MITCFC polo seu labor teatral 2019, Homenaxe de Titiricuenca e Asociación Amigos do Teatro de Cuenca 2019. Premio María Casares á mellor escenografía 2011. Xograr de Outono do FIOT 2011. Premio Oh de Teatro en Asturias ao mellor espectáculo 2011. Mención de Honor polo seu labor no teatro de bonecos do Centro Municipal de as Artes dos Títeres de Bilbao 1997. Premio Compostela á mellor escenografía 1993.
Finalidade: Iniciar aos alumnos/as na construción de máscaras de cartón con molde de escaiola.
Obxectivos:
- Adquisición de destreza manual.
- Desenrolar a creatividade e a imaxinación.
- Dotar ó alumno/a da preparación básica tanto teórica como práctica das técnicas de construción de máscaras.
Contidos:
- Caracterización do rostro: Formas do rostro- Anatomía da cara -Tipos de máscaras.
- Deseño previo.
- Modelado en barro e en molde de escaiola.
- Técnica de recheo de moldes con cartón.
- Policromía: A técnica do acrílico
Materiais facilitados polo formador: Barro Escaiola Cartón fino Cartón groso Cola branca Engrudo Pinturas acrílicas Verniz acrílico Barrotes redondos Goma Paos de modelar Caldeiro escaiola Brochas Pinceis Tesoiras Coitelas.
Requisitos participantes: Moita ilusión e ganas de aprender. Roupa adecuada aos contidos do obradoiro, neste caso, tedes risco de mancharvos.
Custe:
30 € membros de FEGATEA-FETEACYL-TEIA.
60 € persoas non federadas.
Data límite inscrición: 12 de setembro de 2023.
Formulario de inscrición premendo na ligazón: “Construcción máscaras de cartón”