DO TEXTO Á ESCENA

OBRADOIRO INTENSIVO DE INTERPRETACIÓN

Duración: 16 Horas.
Datas: 8 e 9 de outubro
Lugar: Auditorio Municipal do Carballiño
Dirección: Av. do Balneario, 28, 32500 O Carballiño, Ourense
Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
Profesor: Sergio Macías Casillas, profesor de Interpretación da Escola Superior de Arte
Dramática de Galicia.
No de prazas: 14

Trátase dun obradoiro práctico e intensivo no que o alumnado transitará polas diferentes
etapas da posta en escena dunha peza dramática desde o primeiro contacto co texto até a
exhibición pública da proposta.

Partindo de textos dramáticos moi curtos que faciliten as prácticas, a intención é que o
alumnado experimente retos similares aos que van ter que enfrontar no futuro cando
comecen un proxecto teatral.

Obxectivos xerais

 Iniciarse ou profundizar na práctica da interpretación actoral.
 Coñecer ferramentas actorais específicas to traballo cos textos dramáticos.
 Coñecer dun xeito práctico as etapas do proceso de creación dun espectáculo.
 Coñecer e practicar diferentes técnicas actorais.

Contidos

 Traballo básico individual y grupal: Desinhibición, concentración, relaxación, escoita.
 Traballo de mesa: Texto e subtexto. Análise activo.
 Do intérprete ao personaxe.
 A Improvisación.
 Os ensaios. Desenvolvemento e sentido das repeticións
 Que me poño? O intérprete e o vestiario e a utilería
 Onde estou? A relación co espazo escénico
 Inimigos íntimos. A relación co director/a
 A relación co público

Metodoloxía didáctica

O curso consta dun total de 16 horas divididas en 2 sesións de traballo de 8 horas. A
efectos prácticos estableceremos 4 bloques de 4 horas. Cada un deles estará adicado a
unha etapa do proceso creativo.

O curso é eminentemente práctico polo que precisa da participación constante do
alumnado nos diferentes exercicios.

As sesións comezarán cun breve quecemento, seguido de exercicios e xogos teatrais
destinados a traballar a desinhibición e cohesión grupal e desenvolver a imaxinación e a capacidade de escoita actoral.

O profesor facilitará con antelación unha serie de textos breves para a súa memorización.

A intención é que o curso remate coa posta en escena das pequenas pezas ou escenas
diante do resto do grupo.

Todos/as participantes deben levar roupa de traballo cómoda: mallas, chandal ou similar. Zapatillas distintas das de rúa ou calcetíns antideslizantes.

CUSTE:

15 € membros de FEGATEA-FETEACYL-TEIA.

50 € persoas non federadas.

Para inscribirse deberase enviar un correo electrónico a TIRULEQUE@GALICIA.COM

 

 

 

Comparte nas túas redes