De todas as cousas que as mulleres poden facer no mundo... falar, aínda se considera a máis subversiva. O TRASNO TEATRO
Ata 20 minutos
(Atrezo) Voces no silencio
Xa é hora de que a culpa vaia do lado dos culpables Atrezo Teatro arquivos - FEGATEA
(Tiruleque) A mellor policía do mundo
A policía de Seguridade do Estado entra nun piso na busca dun comando, do que sospeitan que está intentado atentar contra o tirano que goberna o país. Os axentes remexen o mobiliario da habitación onde se atopan tres persoas, que previamente esconderan a bomba que...
(O Trasno) Daquelas conversas
Tres mulleres foxen dun mesmo enemigo. O azar —ou quizais o destino— crúzaas nun punto sen retorno, onde as súas vidas quedan irremediablemente entrelazadas. O TRASNO TEATRO
(das Aras) Apartamento con vistas
Tres mendigas, afeitas á súa condición de moradoras de rúa, sobreviven a base de aproveitar os refugallos que a sociedade do ben-estar lles proporciona. Nalgunha ocasión, cando as circunstancias lles son favorábeis, saben usar de argucias e trampulladas de pouca monta...
(das Aras) Reencontro
Dous delincuentes, Xico e Rui, fanse amigos na cela da prisión. Teñen un acordo: non contarse o delito polo que foron condenados para non xulgar nin ser xulgados. Só sabemos deles que Rui foi abandonado pola familia e amizades cando souberon da súa detención mentres...
(Abázcaro) No tanatorio
Familia, amigos, veciños e demais xente reúnense no tanatorio para despedir a Arminda, de 109 anos. Unha traxedia que pode non selo tanto... Abázcaro Teatro arquivos - FEGATEA
(Pico do Castro) O Randiña vai á consulta
Este microteatro recrea as peripecias de “O Randiña”, desta vez na consulta do hospital. Este singular personaxe expón, con ironía e humor, as dificultades para ser atendido a tempo polo sistema de saúde. A través da súa experiencia, a obra invítanos a reflexionar...
(Escoitade) BARULLO
O conflito... Un texto teatral, e dicir O TEATRO, para os que vivimos por dentro o mundo teatral, perde valor se non está alimentado polo CONFLITO. Entendo eu, que calquera texto teatral debe consignar ao menos UN CONFLITO. No que ten que ver co MICROTEATRO BARULLO,...
(Abran Paso) Heroes en decembro- Versión Microteatro
Catro suicidas acceden a un programa de repoboación rural a modo de terapia grupal. As rutinas e actividades programadas fan ver a Berta que sobrevivir non poden devolverlle as ganas de vivir. O suicidio silenciado de Khalid dentro do programa, a rebelión de Berta e a...
(Tiruleque) GAYUMBOS K. C.
Nunha gasolineira situada na estrada comarcal de Mosteirón a Pontevedra, quilómetro 30, Anselmo e o seu axudante, Benito, atenden o servizo. Non obstante, cada un deles agocha un segredo, que de xeito inesperado xorden cando os “cubatas” desatan a lingua de Benito...
(Atrezo) Eva ou o Eva?
Tres seres traxicómicos que por un casual se atopan no mundo do teatro, e se permiten o luxo de soñar... cun sabor agridoce. https://fegatea.gal/grupo/atrezo-teatro/ https://www.facebook.com/atrezo.teatro.7
Súmate á FEGATEA
Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.











