- Este evento xa pasou.
ATAR SANTIAGO

🎭 Actividades de teatro amador na Rede de Centros Socioculturais do Concello de Santiago2026 xa está aquí!
A Rede de Centros Socioculturais do Concello de Santiago volverá encherse de teatro afeccionado cunha programación de espectáculos para todos os públicos e actividades formativas dirixidas aos grupos da cidade.
Durante os meses de outubro e novembro poderedes gozar das propostas artísticas dos seguintes grupos federados:
✅ Teatro Pesadelo
✅ Atrezo Teatro
✅ O Trasno Teatro
✅ Teatro Escoitade
✅ Desfeita Teatro
✅ Abran Paso Teatro
✅ Asociación Dramáturxica Pico do Castro de Foz
Ademais, completamos a programación con cursos de iniciación á escrita dramática e de iluminación e son para teatro afeccionado.
🎟 Entrada libre ata completar aforo.
Consulta o cartel e escolle a túa función!
#ATAR2026#FEGATEATRO2026 #FEGATEA #TeatroAfeccionado #SantiagoDeCompostela #CulturaGalega #ArtesEscénicas#culturaconcellodesantiago#federaciongalegadeteatroafeccionado#fegatea26anos