Asociación Cultural Charamela

» Provincia

A Coruña

» Localidade

Melide

» Enderezo

Melide

» Sitio web

» Email

accharamela052@gmail.com

» Teléfono

629694721

» Presentación

A “Asociación Cultural Charamela” de Melide (A Coruña) empeza a súa andadura en abril do 2004 coa posta en escea de “Almas sinxelas” de Prado Lameiro, para recadar fondos para a excursión de fin de curso dos nenos do Colexio Mestre Pastor Barral de Melide. Pero non é ata o ano 2006, cando se converte en asociación cultural presidida, desde o seu inicio, por Mary Gómez Neira.
No ano 2013 Charamela empeza a ensaiar o grupo de teatro infantil e xuvenil das Escolas culturais do Concello de Melide.
O grupo de teatro afeccionado Charamela puxo en escea máis de trinta obras desde a súa creación.
Na actualidade o grupo de escea está formado por dezaoito persoas, dirixidos por Mary Gómez Neira. Ademais, tamén conta co equipo que se encarga dos decorados, son, iluminación, maquillaxe e vestiario.
Participa, desde a súa creación, na Rede Cultural da Deputación de A Coruña
Actuou en varias edicións:
Mostra de Teatro Popular “Maruja Villanueva” de Chantada
Mostra de teatro afeccionado Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño
Festival de teatro entre culturas de Verín
Veladas de teatro no Souto de Cervo
Ciclo de teatro afeccionado FEGATEA
A asociación organiza cursos de interpretación teatral e posta en escea.
Charamela creou en agosto do 2010 o Encontro Interxeracional “O abrazo das edades” que se prolongou o longo dos anos. Nestes encontros o que se pretende e poñer de manifesto a importancia das relacións e intercambio de vivencias entre persoas de diferentes idades e nesles leváronse a cabo representacións teatrais, exposicións, obradoiros de cociña, homenaxes a persoas e asociacións, actuación de grupos musicais e teatrais de Melide e de fora, e o concurso “Ti sí que vales” que pretende mostrar o bo facer de nenos/as, mozos/as e maiores en diversas facetas como baile, canción, máxia…
Organiza desde o ano 2012 o Ciclo de Teatro Afecionado: “Teatro no Cerne”, no que actúan grupos de teatro de toda Galicia.
Colaborou co Concello de Melide na realización das alfombras de Corpus, da cabalgata de Reis e na Feira do 1900 en Furelos e participo na elaboración dos cabezudos e dos estandartes do Carme
Demos o Pregón da segunda edición do Mercado Medieval Peregrino
Creamos en novembro de 2014 “Xuventude Sá” para fomentar os bos hábitos na nosa xuventude. No que tivemos cursos de primeiros auxílios, xogos populares con merenda saudable para todos os participantes e pola noite a actuación dun grupo de música.
Contamos cun equipo de traballo que se adica á creación de comparsas para o entroido. Levamos a cabo o magosto e celebramos a noite de San Xoan, xa que nos parecen interesantes estas iniciativas para que non se perdan as nosas tradicións.
No ano 2016, Charamela recibe a medalla de Ouro do Concello de Melide, en recoñecemento do labor cultural que desempeña a través, entre outras actividades, do teatro.
No ano 2019, o Servizo de Normalización Lingüística de Melide otorgoulle á Asociación Cultural
Chamarela o premio comarcal á defensa do idioma galego.

» Obras

(Charamela) Vaia lío!

(Charamela) Vaia lío!

Nesta representación vese a estrea dunha obra de teatro de misterio dunha compañía de actores afeccionados. Esta estrea, vai resultar un gran lío onde se dan situación cómicas, de misterio, de medo, de amor, de complicidade e chea de escenas divertidísimas....

“Adulterio decente”

“Adulterio decente”

A obra móstranos a unha muller infiel que, en realidade, ama ao seu marido máis que ao amante, coa consecuente desesperación deste. Está chea de situacións extremas, de gran comicidade e cunha sucesión de personaxes absurgos e estrafalarios, que engaden humor e...

“Agárrate que veñen curvas”

“Agárrate que veñen curvas”

Unha autoescola á onde acoden uns personaxes moi peculiares: un porrero, unha vella de 83 anos, unha beata con moi malas pulgas, unha paleta con moi poucas luces, un borracho que perdeu todos os puntos, un xitana moi dicharachera e un señor sumamente bruto. Todos eles...

Súmate á FEGATEA

Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.