Xan é un xove de pobo que chega a Vigo coa intención de buscar moza e casarse novamente. Coñece a Jenniffer de xeito casual nun bar e a leva á casa da súa tía para llela presentar á súa nai e á súa tía. Jenniffer déixase levar polos acontecementos ainda que síntese...
Asociación Lameiro compañía de teatro
» Provincia
» Localidade
» Enderezo
» Sitio web
» Teléfono
» Presentación
Lameiro, Compañía de teatro é unha agrupación dramática, de carácter amador, que principiou as súas andainas nas escenas galega e portuguesa en 1999. Nado inicialmente a partir da ANPA do CEIP Josefa Alonso de Alonso, de Matamá, en Vigo, cos anos converteuse nunha asociación cultural que leva á escena adaptacións en lingua galega de comedias escritas por dramaturgos galegos, españois e hispanoamericanos, principalmente. Esta compañía teatral coida especialmente a súa escenografía, deseñada e creada polo propio grupo; a iluminación, pois conta cun equipamento propio de última xeración; e mais a perrucaría e maquillaxe, para os que dispón de profesionais cualificados. Nos últimos anos, as adaptacións en lingua galega das obras “Unha comedia rural” e “Un mal día”, con máis de trinta representacións cada unha en escenarios de toda Galicia e norte de Portugal, fan deste grupo un dos máis singulares no panorama do teatro amador galego.
» Obras
Súmate á FEGATEA
Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.
