Anos 80. O país desperézase na democracia. Dúas irmás xúntanse, tras vinte anos sen verse, para repartir a herdanza familiar. Ana, a menor e progresista, fuxiu con 17 e estivo desconectada da familia mentres Laura, a maior e conservadora, quedou a coidar dos seus pais...
Axóuxere Teatro

» Provincia
» Localidade
» Enderezo
» Sitio web
» Teléfono
» Presentación
Asociación Cultural y Compañía de teatro amador, afincada no concello coruñés de Oleiros, con sede social en Dexo e adscrita á FEGATEA.
Despois de dous anos de aprendizaxe e de contacto coas táboas, decidímonos a dar o salto en xuño de 2008. A nosa primeira obra “A gata sobre o tellado de zinc quente”, de Tennesee Williams, foi estreada o 30 de abril de 2009 no teatro de As Torres de Santa Cruz, obtendo varias mencións e un premio en O Grove.
“Vodas de Sangue” de F. García Lorca, tamén estreouse o 30 de abril, do ano 2011, nesta ocasión no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera. Produción de grande formato, con 17 intérpretes no escenario, vestiario e maquillaxe de estilo xaponés, 44 focos de iluminación co deseño e a asistencia do xefe técnico do Teatro Jofre de Ferrol: Antón Arias Marsal.
Pasamos do grande formato ao pequeno e engadimos comedia. E así, en xuño de 2012, estreamos 4 obras: “Historia do zoo” (premio ao mellor actor no certame de teatro “Bambalinas Don Bosco” para Kike Vales), de Edward Albee, “Análisis perfecto hecho por un loro” de Tennessee Williams, “A rúa do inferno” de Antonio Onetti e “El amor del gato y el perro” de Jardiel Poncela.
“A rúa do inferno” foi galardoada có Premio do Público e o Premio Mellor Actriz (Paula Suárez) no Certame de Teatro Afeccionado 2013 do Concello de Sada.
En setembro de 2012, arrincou a montaxe dunha sátira musical de creación propia titulada “Asasinato no Parque de Atraccións” que estreamos no Auditorio de Mera o 6 de xullo de 2013. Cos arranxos musicais de Iago Blanco e Miguel Thomas, cantada en directo.
A asociación tamén realizou unha curtametraxe en video dirixida por José Ant. Jiménez: “Algún día”. Como parte da experiencia a curta foi dobrada no estudio de dobraxe Babalú Vox polos mesmos participantes.
No 2014, comeza o proxecto “Chou mas gou on!” Comedia musical sobe o mundo do teatro que foi estreada con grande éxito en Rianxo o 31 de outubro de 2015.
Tras dous anos xirando con varias das obras, o 8 de outubro de 2017, estréase no Auditorio de Mera, Oleiros, a primeira obra infantil da compañía: “Quero ser maior!”. Con cancións orixinais de Kike Vales. E, coma as anteriores, escrita e dirixida por Alejandro Albaiceta.
O seguinte proxecto: “Facendo as partixas”. Unha obra “tour de force” entre as actrices Nanda Tasende e Paula Suárez, que foi estreada en 2.019, aínda segue en xira tra-lo parón pola pandemia. Ten unha grandísima acollida por parte do público, alá onde vai.
E, actualmente, estamos ultimando unha nova montaxe. Un espectáculo de variedades onde se mesturan a comedia de sketches, stand-comedy e cancións en directo.
» Obras
Súmate á FEGATEA
Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.