Grupo de Teatro Badius

» Provincia

A Coruña

» Localidade

Baio

» Enderezo

» Sitio web

» Email

teatrobadius@yahoo.es

» Teléfono

636561488

» Presentación

O Grupo de teatro BADIUS, un dos máis antigos do panorama afeccionado galego, leva xa 38 anos no eido da comedia. Dende os seus comezos especializouse neste xénero, e son xa moitos os espectáculos preparados ata o de agora. Dende autores galegos como Varela Buxán ou Labarta Pose, españois como Arniches ou Paso e universais como Moliére. Pero quizais as creacións máis xenuínas de BADIUS son as adaptacións de clásicos do cine, por suposto en clave de comedia, e no que se parodiaron diversos xéneros: o western en ”Xoo… ante o perigo”, a intriga en “Veleno por caridade”, o melodrama en “Tócama, Sam”, o humor español en “Bancagare: sucursal N° 13” ou o terror con “Frankenstein”.
Agora presenta una comedia de corte bíblico titulada “A peregrinaxe” e na que se dan una serie de situación cómicas para parodiar a persoeiros como Moisés, o César, Cleopatra, o Demo ou Xesús.

» Obras

(Badius) O parvo

(Badius) O parvo

Convidar a cear pode parecer un detalle bonito e ata desinteresado. Pero se as invitacións son como as de Pedro Brandoñas, a cousa cambia. Os problemas van vir cando o invitado, Francisco Piñeiro, que en principio parecía un pouco... parvo, comeza a enlear as cousas...

A Peregrinaxe

A Peregrinaxe

Por orde de Deus, un humilde pastor ten que partir para a terra de Godah. Emprende entón unha longa peregrinaxe na que vai enfrontarse a banqueiros e gladiadores, coñecerá ao César e a Cleopatra, discutirá con inflexibles gardas e cos temibles nerios, para acabar na...

Súmate á FEGATEA

Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.