Tres mendigas, afeitas á súa condición de moradoras de rúa, sobreviven a base de aproveitar os refugallos que a sociedade do ben-estar lles proporciona. Nalgunha ocasión, cando as circunstancias lles son favorábeis, saben usar de argucias e trampulladas de pouca monta...
Grupo de Teatro das Aras
» Provincia
» Localidade
» Enderezo
» Sitio web
» Teléfono
» Presentación
Teatro das Aras nace no outono de 2022 cando un colectivo de persoas afeccionadas decide formar un grupo de teatro amador adscrito á Asociación Cívico-Cultural Xiria. Animados pola experiencia e formación que lles proporcionou a participación en varias montaxes da Escola de Teatro de Cangas, vinculada ao grupo Teatro de Ningures, baixo a dirección de Casilda Alfaro e a fecunda rede teatral existente na comarca do Morrazo, deciden iniciar esta nova andaina teatral.
Desde a súa recente constitución o grupo ten realizado as seguintes funcións:
– 09 de abril de 2022 preestrea de “Vidas entre lusco e fusco” na gala de ADICAM no Auditorio de Cangas
-27 de xuño de 2022 no Auditorio Xosé Manuel Pazos de Cangas do Morrazo: estrea de “Vidas entre lusco e fusco” como grupo da Escola de Teatro de Cangas dentro do “Revoltallo” da Mostra de Teatro Cómico Festivo.
-17 de febreiro de 2023 no Teatro Principal de Pontevedra: “Vidas entre lusco e fusco” dentro da Semana da Pobreza Enerxética organizada Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
-2 de maio de 2023 no Auditorio Xosé Manuel Pazos de Cangas : “Vidas entre lusco e fusco” dentro do XI Ciclo de Teatro Amador do Morrazo CITEAMOR organizado pola Asociación Cultural A Cepa e Asociación Cultural Entre Bambalinas.
-15 de maio de 2024 no Auditorio Xosé Manuel Pazos de Cangas: estrea de “(H)umanidades” dentro do XII ciclo de Teatro Amador do Morrazo CITEAMOR organizado pola Asociación Cultural A Cepa e Asociación Cultural Entre Bambalinas.
– Colaboración habitual, dende a fundación do grupo, co espectáculo “Defensa dá Vila. María Soliña”. Esta festa de época organízase anualmente en conmemoración da defensa de Cangas no asalto dos piratas no ano 1617 e da historia de María Soliña, acusada de bruxería. A tradicional representación teatral e a gran cita do evento que se representa polas rúas da vila con moito éxito de público e crítica
» Obras
(das Aras) Reencontro
Dous delincuentes, Xico e Rui, fanse amigos na cela da prisión. Teñen un acordo: non contarse o delito polo que foron condenados para non xulgar nin ser xulgados. Só sabemos deles que Rui foi abandonado pola familia e amizades cando souberon da súa detención mentres...
(das Aras) (H)umanidade
A peza nace a partir de anécdotas reais e dunha reflexión crítica sobre a situación actual da sanidade pública mais vainos conducindo a reflexins mais profundas que retratan anacos desta (H)umanidade fragmentada, absurda e traxicómica que estamos a construer-ou...
(das Aras) Vidas entre lusco e fusco
A obra arranca cun grupo de veciños que na escuridade da noite tenta un enganche desde o alumeado público. A acción é interrompida pola presenza de dúas mulleres, nai e filla que están a apañar leña para sobrevivir. O conflito colectivo e fío condutor fica...
Súmate á FEGATEA
Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.



