Sombras nos ollos é unha adaptación da peza Baile de sombras de Fran Godón. Diante do espello e mentras se maquilla, a protagonista fala do seu esplendoroso pasado, no que as decisións tomadas tiveron e teñen un gran peso nas lembranzas que reflexa o seu diario. Os...
Hipócrita Teatro
» Provincia
» Localidade
» Enderezo
» Sitio web
» Teléfono
» Presentación
“Hipócrita Teatro naceu en Lugo en novembro do ano 2004.
Dende a súa creación leva estreado, entre outras, as seguintes obras de mediano
e gran formato (a maioría de autoría propia): Miserere (drama sobre a violencia de
xénero); “Cleopatra e Marco Antonio, “A turbia historia de Claudio e Mesalina”,
“Mitoloxía para ignorantes”, “Cásina” (espectáculos creados para a festa romana Arde
Lucus); Homes en escabeche (comedia para adultos que recibiu varios premios a nivel
autonómico); Unha historia con pau (comedia dirixida a público familiar); Emperador,
que pensas? Fala! (comedia de enredo ambientada no Lugo romano e dirixida a todos
os públicos); Menestra de testosterona (obra sobre os estereotipos de xénero); Hotel
Desencanto (peza para público adulto que se move entre a comedia e o suspense) e
Casting, unha parodia dos estereotipos femininos no cine de Hollywood que recibiu o
2º Premio á Mellor Obra e o Premio á Mellor Actriz na V Edición da Mostra de Teatri
Labarta Pose.
Ten participado en numerosos espectáculos de rúa, performances,
conta contos, radio teatro, algúns deles en colaboración con outras entidades con fins
culturais ou sociais.
Ademais da creación e posta en escena de espectáculos teatrais de diferente
formato, Hipócrita Teatro desenvolve outras actividades orientadas á dinamización
cultural e social. Dende o ano 2010 forma parte da FEGATEA (Federación Galega de
Teatro Afeccionado). Dende o ano 2014 dispón dun local no que programa diferentes
actividades culturais relacionadas coas artes escénicas ó longo do ano.”
» Obras
Arte
Arte Esta é unha obra construída con personaxes que se amosan pouco a pouco ata adquirir unha complexidade insospeitada e que, entre risas, moitas risas, sabe dicirnos unhas cantas cousas nada banais sobre nós mesmos. Veremos como, en cuestión dunha semana e por un...
Casting
Mirna Lois, unha diva dos anos 50, Norma Lee, actriz de cine “erótico” e Úrsula Cimarrón, unha moza aspirante a actriz, coinciden nun casting. Todas compiten por un único papel. Atrapadas nos seus personaxes femininos estereotipo chegarán ó límite do ridículo por...
Súmate á FEGATEA
Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.