COMEDIA MUSICAL na que unha peculiar familia que habita unha aldea no cu do mundo ve alterada a harmonía das súas vidas ao encontrarse entre a ameaza da nova concelleira que proxecta construír un parque temático sobre a aldea e o asentamento dunha tribu okupa que anda...
O Aturuxo de Melpómene
» Provincia
» Localidade
» Enderezo
» Sitio web
» Teléfono
» Presentación
A asociación teatral O Aturuxo de Melpómene consituíuse o 24 de abril de 2007, en Narón, por iniciativa dun grupo de 15 alumnas e alumnos da Escola de Teatro de Narón que sentiron a necesidade de crear unha entidade propia coa principal finalidade de promover os proxectos e traballo conxunto, en lingua galega, que na liña teatral viñan desenvolvendo e que era mester encauzar cara a un público máis amplo.
As obras que O Aturuxo de Melpómene produciu nos últimos anos foron:
- RRHH (O Método) (2010 a 2012) 18 actuacións. Selecionada para o festival Agustín Magán da Fegatea e para o Festival de teatro aficionado de Móstoles (Madrid).
- Café (2010 a 2013) 14 actuacións. Selecionada para o festival Agustín Magán da Fegatea.
- A Ratoeira (2012 a 2014) 33 actuacións. Selecionada para o festival Agustín Magán da Fegatea.
- Desencaixados, esperpéntica crise (2014 a 2016). Selecionada para o festival Agustín Magán da Fegatea, para o Certáme de teatro afecionado de Guardo (Palencia), para o Encontro de teatro afecionado de Betanzos e para o Festival de teatro de Villacañas (Toledo).
- Terapia de bar (2016 a 2018). Selecionada para o festival Agustín Magán da Fegatea.
Dentro da asociación conviven outros colectivos estables ou transitorios que promoven as súas propias propostas escénicas. Este é o caso do grupo Carrachanacacha que ademais da última obra que está en distribución A Pena do cu do mundo tamén produciu:
- Comendo pimentos de Padrón con Tarantino (2009 a 2013) 65 actuacións.
- Cipriano de Bequelar, história de amor e morte (2012 a 2014)
» Obras
Súmate á FEGATEA
Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.