Non a coñeces. Sabes de outras semellantes, pero desta non. É unha máis, que pode asustar, pero coñecela, saber das súas características, pode axudar moito a que desapareza. Acompáñanos nesta viaxe e, o que aprendas, espállao.... O TRASNO TEATRO
O Trasno Teatro
» Provincia
» Localidade
» Enderezo
» Sitio web
» Teléfono
» Presentación
O Trasno Teatro foi fundado en 1980 baixo o nome de “Sociedad Teatral O Trasno” por un grupo de mozos e mozas da parroquia de Comesaña en Vigo. Estivo funcionando dentro da súa escaseza de medios técnicos, económicos e formativos propios daquel momento, e aínda así chegou a actuar no emblemático teatro García Barbón coa obra “O pauto de San Formoso do Monte”.
Logo dun tempo fíxose cargo do mesmo Xaime Costas, quen xunto con integrantes do teatro escolar que dirixía e algunhas das persoas fundadoras, inician unha nova etapa que en 1988 coincide co cambio da denominación do Grupo á actual “O TRASNO Teatro”.
Na súa nova andadura, O TRASNO Teatro, formou parte, xunto con outros grupos, , da primeira Plataforma de Teatro Afeccionado de Vigo, PLATEA, experiencia da que naceu a arela dunha Federación Galega, que finalmente se materializou na constitución de FEGATEA, da que O Trasno foi grupo fundador no ano 2000.
Como resultado do traballo de FEGATEA, comezaron a organizarse Ciclos de Teatro Afeccionado por toda Galiza, e en 2007 O Trasno organizou o “I Encontro de Teatro Afeccionado en S. Andrés de Comesaña” que tivo unha ampla acollida, e que este ano cumprirá a súa 16ª edición.
A respecto da nosa produción teatral, o noso grupo distínguese por representar diferentes estilos, dende teatro clásico con obras como “Vinganza ou Xustiza”, baseada na Orestiada de Esquilo, a teatro vangardista con “Maresol”, espectáculo creado para representar na praia ou “¿Home!” con tres escenarios diferenciados, pasando por teatro infantil “Vacacións para Sempre”, espectáculo de sombras chinesas. Aínda que a nosa carta de identidade sempre foi facer un teatro reivindicativo e innovador, que mostramos por exemplo en obras como “Consuelo” e “Conversas na cuneta mentres a vida pasa alá fóra”, nas que se mostran anacos da Memoria Histórica. Hai máis pero iso…. é outra historia.
Ao longo desta longa traxectoria do grupo, de 42 anos en activo, foron moitas as persoas que formaron parte da familia trasna e que contribuíron a facer posible este proxecto, sempre baixo o abrigo de Xaime Costas. A todas elas, grazas!
A nosa proposta actual é “En Venda”, traxicomedia na que nos aproximamos á realidade social que vivimos, onde as protagonistas perseguen os seus obxectivos ao tempo que fan unha denuncia social en clave de humor….. como poderedes comprobar no vídeo.
» Obras
CRISTI (a filla de dios)
Como consecuencia do aparente fracaso, fai moitísimos anos, cando seu irmá SUSIÑO pasou entre os humanos... CRISTI decide: acompañada da súa nai, as actuales tecnoloxías e a súa propia e diferente personalidade, poñer freo o que está pasando a día de hoxe ...que xa...
En Venda
Todos os días estamos xogando dentro dunha espiral en continuo movemento e moitas veces non se sabe a onde podemos chegar ou que decisións poderemos tomar. As nosas protagonistas móstrannos como nunca é tarde para cumprir os teus soños e ilusións... facendo unha...
Súmate á FEGATEA
Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.