A Breixo, neno de 10 anos, tras sufrir ataques físicos e verbais, prohíbeselle a entrada no centro escolar onde estuda por levar consigo unha mochila ilustrada cos debuxos da serie infantíl “El pequeño pony”. A dirección do colexio considera “detonante de acoso” o...
PetanaPorta teatro

» Provincia
» Localidade
» Enderezo
» Sitio web
» Teléfono
» Presentación
PetanaPorta teatro é un grupo domiciliado no Concello de Marín, que comeza a súa andaina a principios do ano 2017. Os seus componentes, Merchi e Paco, tras pasar por diversos estadíos de formación, na que cabe salientar a aula de formación e montaxe que no ano 2013 se realiza da man da Asociación “Queremos Galego” de Marín, baixo a dirección e docencia de Zé Paredes (dramaturgo, actor e director de amplia e recoñecida experiencia), poñendo en escena a obra “A farsa de Inés Pereira” do dramaturgo do medievo portugués Xil Vicente, estreada en xuño de 2014 en Marín.
Posteriormente, tras constatar que por diversas causas a aula de “Queremos Galego” non ía continuar, deciden integrarse na ATM de Pontevedra dirixida por Anxo Lourido de cuxa man estréase a obra “12 sen piedade”, adaptación da obra orixinal de Reginald Rose “Doce homes sen piedade”, que se estrea o 20 de xuño do 2015 en Pontevedra.
Durante os últimos anos asisten a diversos cursiños de formación entre os que destacan na “Escola municipal de artes escénicas de Cangas” impartidas polas actrices Silda Alfaro e Sonia Rúa; así como na Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia en Vigo, onde fan de actores nas obras que os estudantes de dirección teñen que presentar como parte da súa formación. Na ESAD tamén asisten a diversos obradoiros promovidos pola FEGATEA e a dirección da escola e impartidos por diversos profesores da Escola.
Colaborando, además na montaxe de obras preparadas e presentadas polo alumnado do Campus universitario de Pontevedra (UVIGO).
» Obras
Súmate á FEGATEA
Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.