Hai amoríos que non son moi recomendables. Nesta peza de teatro, adaptación do clásico de Castelao, coñeceremos tres historias que unirán amor e morte, froito da paixón e o desatino dos protagonistas, que se deixan levar sen freo polo desexo. Acompañádenos nesta...
Rebuldeira Teatro
» Provincia
» Localidade
» Enderezo
» Sitio web
» Teléfono
» Presentación
O Grupo Rebuldeira Teatro naceu en Sarria, en xaneiro do 2011, formado por alumnos/as e ex alumnos da aula de formación teatral creada no propio concello no ano 2010. Na actualidade está formada por 8 actores e actrices amadores con idades que van desde o 18 anos ata a xubilación.
Na súa andaina, foron presentadas obras e improvisacións, tanto en moitos pobos de Galicia como fora do noso territorio en colaboración cos Centros Galegos de Barakaldo e Barcelona.
As pezas presentadas foron: “A Comedia Bífida”, “O Velorio”, “A farsa Plautina”, “A Pantasta do Pazo do Tumbiadoiro” “O Achado do Castro”, “Arsénico por caridade”, “Louca adaptación de Asamblea de Mulleres”, “O Bar de Manolo”, “Fráxiles” e “Sorpresa, sorpresa”.
» Obras
Cita previa
Esta obra consta dunha serie de escenas que poden suceder nun centro de saúde. Nelas representase de xeito anecdótico cómico o devir cotiá ao que nos enfrontamos os pacientes, o persoal sanitario e os administrativos por mor dos recortes sanitarios. Mentres se...
Fráxiles
Unha historia de historias, ás veces non tan fráxiles nin delicadas. Construída con fragmentos, anacos e con elementos aparentemente alleos, pero que conforman un universo, no que resucita de súpeto una roseira morta. Unha costureira pega un crucifixo á parede con...
Súmate á FEGATEA
Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.