Teatro do Ar

» Provincia

Pontevedra

» Localidade

Nigrán

» Enderezo

» Sitio web

» Email

grupoteatroar@gmail.com

» Teléfono

610103712

» Presentación

Somos un grupo de teatro con sede en Nigrán e formado por doce integrantes, a gran maioría xente nova (menores de 26 anos). Apostamos por un teatro propio para trasladar da maneira máis pura a nosa forma de entender este arte e o mundo que nos rodea. Por iso, o dramaturgo das obras do noso grupo é o noso director, Pedro Rodríguez. Dende que creamos o grupo hai 10 anos traballamos todos os xéneros teatrais, pero non nos quedamos só nos escenarios. Dende fai 3 anos facemos tamén teatro social con maiores e persoas con diversidade en residencias para levar esta arte a todo o mundo.

» Obras

Un vals para Cincinatti

Un vals para Cincinatti

Ana leva pechada na súa habitación desde que se foi Jack hai 1 ano e 27 días. Deixouna pola guerra, e ela viuno marchar apoiada na xanela. Con el ían os seus soños de escapar ao idílico Cincinnati e casar o día de entroido. Farta de agardar, Ana decide suicidarse...

Días Felices

Días Felices

Trombón e Trompeta, dous pallasos de enterros, buscan recuperar a súa risa nun mundo no que desapareceu. No camiño coñecen a Ledicia, unha rapaza que naceu no mundo triste, e que nunca viu un sorriso. Días Felices é unha comedia na que as personaxes non saben rir....

Porcos do país

Porcos do país

“Porcos do país” é unha comedia de personaxes na que o espectador poderá acompañar ao Padre Muñoz, o crego da aldea de Eiriñas, no seu soño para reconstruír a súa igrexa. Non ten cartos e viuse obrigado a transformar o templo nun albergue de peregrinos no que el é...

Lonxe dos teus abrazos

Lonxe dos teus abrazos

Lonxe dos teus abrazos é unha comedia romántica que nos mostra a dificultade dunha relación a distancia dun mozo e unha moza que soñan e queren ter unha vida adulta, pero que non rematan de adaptarse ao que se lles prometeu cando eran nenos. Amelia é filósofa,...

Súmate á FEGATEA

Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.