Teatro Ollomao

» Provincia

Lugo

» Localidade

Barreiros

» Enderezo

Casaldeite, 4. San Miguel de Reinante

» Sitio web

» Email

rcasasoroza@gmail.com

» Teléfono

635501356

» Presentación

O grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao iniciou a súa andaina en xaneiro de 2013 coa estrea da súa primeira produción “Os vellos non deben de namorarse” de Castelao. Con esta obra realizou 11 funcións con máis de 3000 asistentes.
Desde aquel momento seguiu funcionando de xeito ininterrompido (agás na pandemia) e puxo en escena sete producións: Oé,oé, oé!, Noite de Reis, Catro contos, Enciclopedia Álvarez, O documento, Pan con chocolate e O traballo de Andrea.
Nos anos 2014 e 2015 pon en marcha unha novidosa actividade baixo o título de “Teatro nos bares” que consiste na posta en escena de varias micropezas teatrais que se representan nos bares das distintas parroquias do concello de Barreiros.
Na actualidade, o grupo de teatro Ollomao ten en cartel dúas obras: Pan con Chocolate e O traballo de Andrea coas que está empezando a xirar.

» Obras

(Ollomao) Pan con chocolate

(Ollomao) Pan con chocolate

Tres “nenos” e tres “nenas” que se acaban de “retirar” reúnense para celebrar a xubilación da máis nova dos seis e, inevitablemente, recordan as cousas da súa vida, de cando, efectivamente, eran nenos e nenas. Así, pouco a pouco, van saíndo temas que a todas e todos...

(Ollomao) O traballo de Andrea

(Ollomao) O traballo de Andrea

“O traballo de Andrea” é unha obra sobre o papel que xoga a xente nova na preservación da Memoria Histórica da Guerra Civil e a Postguerra. Andrea é unha moza que está preparando a súa tese de doutoramento. Para iso decidiu facer un traballo de investigación sobre o...

Súmate á FEGATEA

Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.