Se AQUELAR pode significar infinitas cousas na realidade galega….imaxinen vostedes o que pode dar de si o mundo de DESAQUELANDO. Dunha inverosímil conferencia que mestura textos de Manuel Núñez Singala e de Paco Luna, só podería nacer esta pequena e preciosa...
Teatro Pesadelo
» Provincia
» Localidade
» Enderezo
» Sitio web
» Teléfono
» Presentación
Teatro Pesadelo somos unha compañía de teatro afeccionado que xorde a partir do traballo de tres dos integrantes da compañía Artías de Santiago de Compostela durante o ano 2020.
No transcurso da preparación da peza teatral Escoura e Fume (versión feminina e feminista da aclamada obra Glengarry Glen Ross) Sonia Barros, Xoana Pintos e o seu director Paco Luna, deciden a formación deste o noso Teatro Pesadelo coa clara intención de enfocar o seu traballo cara a un público máis amplo. É por iso que o resultado deste proceso foi A Princesa Carlota: un texto infantil de Paco Luna a partir da adaptación de tres contos. Xa en 2022 Teatro Pesadelo elixe un texto cómico-crítico-circense orientado a público adulto: Desaquelando. Esta peza, baseada en textos de Manuel Núñez Singala e de Paco Luna, adéntrase na sátira e na comedia por medio dunha imposible e surrealista conferencia.
» Obras
A princesa Carlota
Esta é a historia dunha rapaza chamada Carlota. Unha rapaza que non encaixa nos moldes típicos da sociedade e dos contos. Porque nos contos as princesas son rosas, os príncipes azuis e as perdices sempre presiden o banquete final. Pero ás veces os contos son iso, un...
Súmate á FEGATEA
Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.