Tiruleque, Grupo de Teatro

» Provincia

Ourense

» Localidade

O Carballiño

» Enderezo

» Sitio web

» Email

tiruleque@galicia.com

» Teléfono

617354456

» Presentación

TIRULEQUE, Grupo de Teatro, é unha asociación cultural sen ánimo de lucro que, dende a súa primeira actividade e fundación o 5 de Marzo de 1985 (oficialmente no 1988) ven desenvolvendo distintas actividades, con participación activa na cultura do Carballiño, non só con actos propios, senón tamén axudando a outras entidades para mellorar toda caste de actos culturais. Por iso véñense tocando tódalas frontes posibles, incluíndo actividades para nenos, dende os máis cativos ata estudantes de bacharelato – FP ou xubilados. Con algúns momentos de inactividade, altérnanse outros de traballo a reo en tódolos eidos da cultura nos que se poda axudar ou emprender camiño.

» Obras

Pasou un anxo

Pasou un anxo

D. Damián, Director Xeral da empresa Soutelo Enterprise, recibe a visita dun estraño personaxe que se manifesta coma o seu Anxo da Garda, e que lle ven anunciar o seu inmediato pasamento. Durante a conversa que teñen estes dous personaxes, acaba por saír á luz, que a...

Morreu a tía María

Morreu a tía María

As sobriñas da tía María, Concha e Carmiña, velan o cadaleito na compaña das veciñas e carpideiras Elisa e Rosa. As discusións polo reparto da herdanza e o Licor Café comezan a estragar o velorio, e o que ía ser un rosario de paz convértese no “rosario da aurora”, ata...

MICROTIRULOS

MICROTIRULOS

Catro obriñas de teatro breve enlazadas aos pares por un leve fío que, a partir dunha festa, vai conducindo ao espectador ata unha foliada. Abrimos con Reencarnación, dramatiza Pepe Prada para presentar unha imaxinaria oficina celestial dende onde se distribúen as...

Soutelo Enterprise (O principio de Peter)

Soutelo Enterprise (O principio de Peter)

Nunha imaxinaria situación histórica, social e xeográfica, o magnate Ramiro Soutelo, alma mater do emporio “Soutelo Enterprise”, medra ó abeiro das amizades políticas e xudiciais, entre as que son moeda corrente as corruptelas e os cartos en negro para facer valer as...

Súmate á FEGATEA

Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.