“INTRODUCIÓN AO TEATRO DO OPRIMIDO.
DE AUGUSTO BOAL AO TEATRO FORO”
Duración: 8 Horas.
Datas: 22 de outubro
Lugar: Centro Social “Atalaia”
Dirección: Aldea Atalaia, 36. Rianxo.
Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
Profesor: Amantia Coello Rodríguez.Psicóloga social. Colexiada G5583
No de prazas: 20
Para maiores de 16 de anos.
Obxectivos xerais
Achegar a figura de Augusto Boal e o Teatro do oprimido e en concreto explorar o Teatro foro.
Este obradoiro busca dar a coñecer e introducir na práctica do teatro do oprimido inicialmente para logo chegar ao teatro foro a través de dinámicas propostas por Augusto Boal co fin de facilitar a creatividade, reflexión, a investigación e o foro ou debate entre @s participantes, para así estimular o pensamento crítico e xerar conciencia e responsabilidade social dos temas presentados. Todo iso sen esquecer a propia experiencia dramática e a práctica teatral.
Metodoloxía
Práctica – participativa – inclusiva – profesional- cooperativa -flexible -persepectiva de xénero- facilitadora da análise e pensamento crítico –
ecoresponsable – dinámica.
CUSTE:
10 € membros de FEGATEA-FETEACYL-TEIA.
20 € persoas non federadas.
Para inscribirse deberase cubrir o seguinte formulario antes do 16 de outubro:
Inscrición en “INTRODUCIÓN AO TEATRO DO OPRIMIDO.
DE AUGUSTO BOAL AO TEATRO FORO”
Cavort Teatro porase en contacto coas persoas seleccionadas.
Calquera dúbida podedes poñervos en contacto con atcavort@gmail.com.