Rubén Casal
OBXECTIVOS
Coñecer e manexar os materiais básicos de caracterización teatral, aprender a aplicar maquillaxes específicos como Supracolor, Aquacolor e produtos de base alcohólica, desenvolver técnicas de pegado e integración de próteses e barbas, practicar métodos de envellecemento tanto con maquillaxe como con elementos protésicos, e experimentar coa modificación dental e co uso de diferentes tipos de sangue escénica para crear personaxes convincentes en escena.
CONTIDOS
Uso dos materiais máis comúns para a caracterización teatral.
Técnicas de aplicación de maquillaxe Supracolor.
Técnicas de aplicación de maquillaxe Aquacolor.
Uso e aplicación de maquillaxe de base alcohólica.
Pegado e integración de próteses.
Pegado e adaptación de barbas falsas.
Técnicas de envellecemento: con maquillaxe e protésico.
Modificación de dentes e uso de diferentes tipos de sangres escénicas.
PARTICIPANTES
Persoas vinculadas ás artes escénicas ou apaixonadas polo teatro.
As alumnas e alumnos deberán acudir ao curso con roupa cómoda e que non lles importe manchar durante as prácticas.
LUGAR, DURACIÓN E ORGANIZACIÓN HORARIA
Santiago de Compostela
Sede da FEGATEA, no antigo colexio do Castiñeiriño, ao carón da Igrexa de Nosa Señora de Fátima.
Cunha duración de 8 h
Domingo 27 de setembro 2026
10:00 – 14:00 horas
16:00 – 20:00 horas
NÚMERO DE ASISTENTES
Máximo 12 persoas
CUSTE
15 € socios FEGATEA
55 € non socios FEGATEA
Data límite inscrición
20 de setembro de 2026.
Formulario de inscrición
PREME NA SEGUINTE LIGAZÓN
Maquillaxe para teatro – Rubén Casal
