Imparte: Uxío Álvarez Centeno.- Técnico de son e iluminación, con máis de 30 anos de experiencia no sector. Socio Fundador da empresa Inforsonic Sistemas dedicada a instalación, venta e aluguer de equipamento escénico, son e iluminación.

A razón de ser do curso:
Estamos a vivir nun momento no que temos centos de recursos á man para vestir, complementar e facer moito máis rica a experiencia que ofrecemos nos nosos espectáculos: efectos de son, iluminación, video, mapping….. pero ….
¿Somos quen de arriscarnos nun espectáculo en vivo de poñelos en marcha?
¿Coñecemos que ferramentas temos dispoñibles para facelo?
¿Sabemos como salvar un erro?
Faremos unha aproximación a duas das mellores ferramentas existentes no mercado para axudarnos a automatizar procesos, a lanzar sons ou videos ou ambos, simultáneos ou excluintes, de xeito que teñamos sempre controlado o que vai sair a escea e que saia no momento preciso.
Deste xeito faremos que a nosa representación gañe en calidade e impacto no noso público, conseguindo unha experiencia premium. A excelencia está nos detalles.
Din que o mellor técnico e o que pasa desapercibido, e a mellor forma de facelo é utilizar ferramentas que eviten erros, coas que podamos automatizar varias accións que sempre se executan do mesmo xeito. A outra opción sempre pasa por ir lanzando a man co risco asociado a posibles equivocacións.-
O noso mundo é dunha soa toma, todo ten que sair ben a primeira, non temos unha segunda oportunidade. Ben é certo que as experiencia é un grado e normalmente saímos airosos de posibles incidencias, pero porque non utilizar un asistente que nos faga mais levadeiro o traballo ou que nos permita facer máis cousas á vez.
Veremos pezas de software deseñadas para axudarnos en espectáculos. Con elas poderemos automatizar procesos, e logo interactuar con ise proceso, facendo por exemplo que un son esté presente ata que nos pulsemos unha tecla, e quedando automáticamente preparado o seguinte en canto fagamos unha nova pulsación.

Estos programas son MULTIPLAY e RESOLUME

Multiplay:

Ocupará a meirande parte do curso.-
Trátase dun programa deseñado para reproducir CUEs de audio e Video para aplicaciones de teatro ou corporativas.- É de valde, tanto en ámbitos profesionais como amateur.
Funciona deseñando unha sería de pasos, chamados CUEs, nos que reproducimos o contido desexado, xa sexa audio, ou video.
Estes CUEs, modifícanse con outros, que interactúan cos primeiros, facendo por exemplo que baixe ou suba o volumen cando pulsamos unha determinada tecla, ou que pare, ou que salte un efecto sobre o que está soando.
Facilítanos a automatización de contidos de xeito que minimizamos a posibilidade de cometer erros.
Tamén nos permite cunha soa pulsación iniciar varias accións e facer que outras rematen, unha situación que sin contar coa aplicación faríase complicada e cun alto grado de tensión.
Aprenderemos a:
Instalar a aplicación.
Configurar as opcións principais e recorreremos as súas opcións.
Crear un CUE de Audio.
Crear un CUE de Video.
Crear CUE de control.
Facer prácticas sobre casos reais.
Configurar o interface gráfico para que resulte cómodo ó uso.
Asignar HOT Keys, para lanzar efectos ou accións de xeito independiente

Resolume:

É o segundo programa que veremos, iste de forma máis xenérica.
Está tamén deseñado para lanzar contidos, pero neste caso máis baseado en HOT KEYS e en contidos de Video, pudendo facer VideoMapping dun xeito sinxelo.
Permítenos asimesmo controlar os contidos que lanzamos dende unha superficie de control, ou mesmo dende unha mesa de Iluminación, sincronizando deste xeito os CUEs de Iluminación con audios e videos.
Aprenderemos a:
Instalar a aplicación.
Configurar as opcións máis frecuentes.
Cargar as fontes de son e video na aplicación.
Manexar layers ou capas.
Modificar e aplicar efectos sobre os distintos clips ou sobre toda unha capacidade.
Configurar as saídas de Video
Crear Slices.

Cada participante levará o seu propio portátil.                                                                                                             Necesidades técnicas

No caso de descarga e funcionamiento con Resolume:   Version 7.13.2 Minimum Specs Windows Windows 8.1 Nvidia or AMD graphics card 8GB RAM
macOS MacOS 10.15 Catalina AMD, Iris Pro graphics card, or Apple Silicon 8GB RAM
Recommended Specs Windows Windows 10  i7 Processor, 6 core, 3.7 GHz
Nvidia RTX 2070 M2 SSD16 GB Ram macOS MacOS Version 12 Monteray i7 Processor, 6 core, 2.6 GHz
Radeon Pro 560X SSD 16 GB Ram

No caso de Multiplay, o básico de calquera portátil.

Observacións do profesor:

  • O curso pódese asistir sen portátil, vaise reflectir a pantalla do portátil do profe nunha pantalla.
  • O tema de requerimentos de resolume e para traballar a full con video e tirarase mais de audio e para eso os 8GB Ram deberían chegar.

Custe:
10 € membros de FEGATEA-FETEACYL-TEIA.
20 € persoas non federadas.

Data límite inscrición:  31 de maio de 2023.

Ligazón formulario de inscrición: “Multiplay e Resolume”

 

 

Comparte nas túas redes