Decembro de 2024 foi un mes onde me preocuparon moito os camiños que estaban e están entorpecendo gravemente a convivencia social. Non so no territorio galego, tamén no español, e moito máis nos territorios extranxeiros. Por elo ocurriuseme pensar e máis mergullar: Que está acontecendo no planeta? En Todo o Planeta?
Que pode suceder nos paises onde os gobernos pretenden ser os “mandamais”, porque gobernan e mesmo coidan que poden arrasar aos veciños sen que estes se defendan.
Consecuencia, aquí, alí, acola, en todo o planeta estamos a espensas do que gravemente pode suceder. E sucederá?
Mellor que non aconteza, é o meu sentir. Ainda así, na COVA DAS MIL MULLERES, elas sofren, soportan, estudan, viven e mesmo disfrutan da desgracia e da sorte que aconteceu no planeta hai xa máis de cincocentos anos. Aí habitan nunha inmensa cova que lles permiten respirar un
novo aire e tamen vivir moitos novos anos, xunto cos FALÓNS, que elas así bautizaron e así lle chaman aos masculinos. Cada ano todas celebran no TORREIRO DA COVA, ao pé da entrada á cova, unha festa na que tamén participan alguns FALÓNS.
O texto teatral de A COVA DAS MIL MULLERES comezeino a mediados de XANEIRO e remateino a mediados do mes de MARZO
Doro Piñeiro.



