(Ditea) A importancia de ser Severo

» Provincia

» Localidade

Santiago de Compostela

» Email de contacto

luispepunto@gmail.com

» Teléfono de contacto

636699434

» Xénero

» Típo de público

» Nº de actores/actrices

» Duración

» Cartaz e Sinopse

Ficha técnica

Baseada na comedia de  Oscar Wilde “The importance of been Earnest”
Archie é un vividor, snob e arruinado, que usa a enfermidade dun amigo inexistente como escusa para non asistir aos eventos sociais que organiza a súa tía, Lady Bracknell;  Xan é o seu camarada e emprega un alter ego, o seu falso e falcatrueiro irmán Severo,para poder divertirse en Londres sen dar lugar a rexóubeos  entre os seu achegados no campo. O primeiro devece coñecer a Cecilia, a pupila de Xan, e este está namorado de Susana, a filla de Lady Bracknelll.
Un día, Archi, sen que Xan o saiba, preséntase no domicilio no campo deste, facéndose pasar polo seu falso irmán, Severo, coa intención de coñecer e namorar a Cecilia,  o que consegue a primeira vista. A chegada de Susana para visitar a Xan, ao que coñece polo nome de Severo, complica todo aínda máis, pois ambas mulleres cren estar prometidas  co mesmo home.
 A esa improvisada xuntanza, uniranse  Lady Bracknell, Miss Prims; a institutriz de Cecilia, e  o Reverendo Ascot, contribuíndo a desvelar un feito acontecido  moitos anos antes  e que afectará a todos os presentes.

https://fegatea.gal/grupo/teatro-de-camara-ditea/

Comparte nas túas redes

» Vídeo e imaxes

Súmate á FEGATEA

Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.