A LOLA

» Provincia

» Localidade

Mourente

» Email de contacto

miguelmotero1@gmail.com

» Teléfono de contacto

667097723

» Xénero

» Típo de público

» Nº de actores/actrices

» Duración

» Cartaz e Sinopse

Ficha técnica

A Lola son todas as mulleres que sobreviviron aos seus seres queridos, arrebatados polo terror franquista. O relato xoga co presente (mediados dos anos sesenta) e o pasado (os anos da II República e os inmediatamente posteriores ao golpe militar de xullo de 1936). A súa trama está determinada polo que se denomina o “pasado non ausente” ou sexa, polo feito de que o sucedido nos anos da represión posterior ao golpe segue a determinar as vidas e as condutas de varias xeracións, porque o silencio sobre aqueles feitos impide a superación do trauma.
David e Teresa, mozos abertos aos novos aires que comezan a infiltrarse na sociedade española, deciden casar e visitan a casa nativa para comunicarllo aos seus pais. Pero os traumas do pasado seguen presentes: a historia dos pais de Teresa, familia comprometida dende o primeiro momento co novo réxime de Franco e a dos pais de David, identificados cos ideais republicanos, frustran os desexos dos mozos.
Na obra recréase o ambiente, ideais e confrontacións entre dúas formas de entender a sociedade: os valores da tradición patriarcal e escolástica dos golpistas fronte ao proxecto constitucional-republicano de progreso e liberdade.
                                  CONTEXTO
0 18 de xullo do 1936, a dereita reaccionaria e parte do exército deron un golpe de estado contra a II República Española. Comezou a persecución dos republicanos. Chamábanlles paseos aos asasinatos decididos nos comités das ‘forzas vivas” locais (mandos das Forzas da Orde, do partido fascista Falanxe Española e do clero) A consigna era darlles café. Abandonaban os cadáveres nas cunetas, nos lugares máis transitados e visibles para atemorizar á poboación. A moitos sacábanos do cárcere, co pretexto de trasladárenos a outra prisión (porque temían que nun xuízo non fosen condenados á pena de morte e executados). No traslado, asasinábanos. Nos informes alegaban “intento de fuga “.
Os familiares das vítimas, sinaladamente as mulleres, sufrían castigos humillantes: purgantes, rapado do pelo, tatuaxe na fronte co UHP (Uníos Hermanos Proletarios) e outros. A finalidade destes castigos era provocar o rexeitamento social do modelo de muller suxeito de dereitos e dona de si, propiciado pola República, e impoñer o modelo de sociedade patriarcal do novo réxime, na que a muller, dirixida e educada po/a Sección Feminina, estaba sometida a autoridade do varón e a súa
Comparte nas túas redes

» Vídeo e imaxes

Súmate á FEGATEA

Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.