Este espectáculo cómico é a unión de tres pequeñas pezas de microteatro, onde a morte é o tema principal. A nosa intención é tratar este tema tan transcendente dende un punto de vista de comedia, como quen diría, para sacarlle ferro ao asunto. Nunha evolución das obras onde pasamos dende a ameaza de morte, seguimos coa visita da mesma morte personificada e rematamos coa nosa vida espiritual dende os nichos, agardamos que o público poida disfrutar dunha tarde mortos de risa.
Na primeira parte, observamos como unha fumadora empedernida pretende deixar de fumar cunha curiosa terapia.
Na segunda parte, presentamos a unha personaxe un pouco miserable, cunha vida non moi agraciada, como é elexido pola morte para facerlle unha visita, que vai cambialo todo.
Por último, dúas irmás en pleno velorio por elas, manteñen unha conversa post-mortem do máis interesante, intentando averiguar a razón de cómo chegaron a esta situación. O descubrimento vai ser a chave para tratar de mellorar, se aínda se pode a súa relación.