Esta é a historia dunha rapaza chamada Carlota. Unha rapaza que non encaixa nos moldes típicos da sociedade e dos contos. Porque nos contos as princesas son rosas, os príncipes azuis e as perdices sempre presiden o banquete final.
Pero ás veces os contos son iso, un conto.
Por iso Carlota quere poder elexir: non é rosa e non quere selo, non busca noivos azuis e quere ser unha cousa diferente cada día. É morena, grandota e pode que sexa ou non sexa guapa. Pero o máis importante. É libre.
E Carlota vai loitar para cambiar as cousas. Porque as inxustizas deben ser cambiadas.