Unha comedia hilarante, na que a través de personaxes estereotipados, concrétase unha obra costumista na que se reflicte o que acontece calquera día nun pobo galego, neste caso un pobo imaxinario, de nome Brétema.
Na taberna da praza principal teñen lugar acontecementos que reflicten ademais de cuestións actuais, como o amor, os conflitos, etc, moitas dos costumes, tradicións e crenzas que forman parte da nosa cultura.
As tramas transcorren ao redor dun alcalde singular, un párroco moi particular, un taberneiro con moita retranca, un funcionario moi, moi vago, unha doutora que ten que lidar coas persoas hipocondríacas á vez que é suxeito dos amores dun profesor moi especial. Tamén nos atopamos coa directora da oficina bancaria, dúas viúvas moi particulares, un par de irmás, unha elas, a meiga do pobo, e a esposa dun eminente político que visita o pobo moitos anos despois de abandonalo. Por último unha breve aparición (simulada) de dúas persoas da realeza, outorgan a esta obra un formato novo e sorprendente.
A posta en escena combina teatro, ao estilo tradicional, con pequenas intervencións cantadas e algún monólogo.






