Sete historias nas que atopamos amigos que antepoñen intereses á propia amizade.
Unha vinganza que pon fin a un camiño de sufrimentos; un relato baseado na Alemaña nazi; a dura decisión dun marido perante a súa dona que está en coma; unha parella que ten un hobby moi pouco recomendable; uns colegas de traballo cunha relación non moi profesional; e mais un enfrontamento cun episodio do pasado que pode non ser tan pasado. Estas sete historias conflúen nun episodio final que pecha o círculo, ou non?







