Almas na gloria: Don Paco

» Provincia

» Localidade

Pontevedra

» Email de contacto

miguelmotero1@gmail.com

» Teléfono de contacto

667097724

» Xénero

» Típo de público

» Nº de actores/actrices

» Duración

» Cartaz e Sinopse

Ficha técnica

Cumpridos trece anos do seu pasamento, a Real Academia Galega acordou dedicarlle o día das Letras galegas do ano 2023, a quen foi o creador desa efeméride, D. Francisco Fernández del Riego.
Os amigos de D. Paco: Ramón Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro, Enrique Peinador, Fermín Penzol e Manuel G. Román acompañan a D.Paco na súa apoteose de elevación ao retablo dos Galegos Ilustres.
No encontro rememoran: a súa mocidade universitaria no Seminario de Estudos Galegos, nas Irmandades da Fala e no Partido Galeguista; o drama do golpe de estado;e o liderado de D. Paco na galeguización da Real Academia Galega, na creación de institucións tan importantes como a Editorial Galaxia. O Día das Letras Galegas e a Casa Galega da Cultura, así como a recuperación de Álvaro Cunqueiro para a literatura galega. Feitos polos que é solemnemente laureado.
O texto foi escrito por Manolo Ayán coma se tratásese dun relato de memoria histórica no que se representan escenas de relevancia entre os anos 30 e os 70 do século XX.
O espectáculo está dirixido por Antonio Simón, que realiza unha proposta visual cos oito intérpretes movéndose nun escenario onírico de cemiterio, onde sombras e personaxes mestúranse.
Comparte nas túas redes

» Vídeo e imaxes

Súmate á FEGATEA

Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.