O conflito… Un texto teatral, e dicir O TEATRO, para os que vivimos por dentro o mundo teatral, perde valor se non está alimentado polo CONFLITO. Entendo eu, que calquera texto teatral debe consignar ao menos UN CONFLITO.
No que ten que ver co MICROTEATRO BARULLO, establécese como conflito, tamén, o que ten que ver co dereito que cada quen ten de facer o que lle pete cando está nun espazo de seu. Mais a evidencia é que se executa ese dereito contra os problemas e repercusións que causa na súa contorna, que tamén está amparada polo dereito a non soportar un barullo excesivo nesa contorna.
BARULLO, pois, desenvolve toda a acción cun sentido puramente METAFÓRICO, mostrando as posibles consecuencias derivadas da acción dos personaxes que participan na posta en escena, logo de observar, como confluencia, o que está sucedendo na actualidade no ámeto social, político, educativo, económico, etc… etc..