Esta peza vai sobre unha aldea que se queda sen xente, sobre a vida dunha muller do rural e as memorias que perdemos cando se apagan os lumes do fogar e das vidas. é unha homenaxe as nosas avoas e as palabras que se perden nos seus silencios, que se van cando marchan e que deixan como única testemuña as paredes do fogar
Chao vai sobre Ánxeles, unha vella que acaba de ter un ictus e ten que ingresar nunha residencia, o legado que deixa no seu neto, Iago, e o dilema que se abre coa casa familiar, vender e perder as memorias ou quedar con ela e sen cartos.
Duración: 60´