Se AQUELAR pode significar infinitas cousas na realidade galega….imaxinen vostedes o que pode dar de si o mundo de DESAQUELANDO. Dunha inverosímil conferencia que mestura textos de Manuel Núñez Singala e de Paco Luna, só podería nacer esta pequena e preciosa aberración. Partindo da análise do estúpido sentimento humano do orgullo, Teatro Pesadelo libera no escenario todos os monstros, esperpentos e fenómenos que compoñen a nosa sociedade actual: a tecnoloxía, a nobreza, o fascismo, o futuro….todo son pezas dun sarcástico quebracabezas que Teatro Pesadelo converte nunha festa de ironía e crítica socio-política. Porque, sexamos sincer@s: Quen non estivo, algunha vez, orgulloso de algo nesta vida?
Desaquelando
» Provincia
» Localidade
Santiago de Compostela
» Email de contacto
teatropesadelo@gmail.com
» Teléfono de contacto
622725919
» Xénero
» Típo de público
» Nº de actores/actrices
» Duración
» Cartaz e Sinopse

Ficha técnica
Súmate á FEGATEA
Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.