Todos na mansión tiñan motivos para asasinar a Sir John Oswald Pemberton III, decimo segundo Duque de Westland Court… ou é Sir John Oswald Pemberton XII, terceiro Duque de Westland Court? O xardineiro renegaba de Sir Jonh… o que sexa! dende que este negouse a prestarlle cartos para cubrir as súas perdas no xogo; a Sra. Williams, a cociñeira, ía ser despedida por usar demasiada carne no pastel de peixe; James, o mordomo, arruinouse ao seguir un mal cosello de Sir Jonh; a súa irmá xamáis lle perdonou casarse en segundas nupcias cunha raposa; Lady Pemberton herdará unha gran fortuna e un moble bar ben fornecido coa morte do seu home; e que dicir da criada por horas, Sarah Collins e do seu “asesor legal” Fran Ferguson?
O detective Cameron Brown enfrontarase a todos eles para esclarecer quen esta detrás da morte de Sir Jonh.