Tres irmáns, Isaura, Hortensia e Aurora, velan ó defunto marido da primeira no pazo familiar, no que semella que os reloxos quedaron parados noutro tempo.
Filomena, a fiel criada, parece o seu único contacto co exterior.
Nunha treboenta noite de agosto, o sobrenatural e o real mestúranse e confunden ó espectador, que descubrirá segredos do pasado que antes ou despois debían aflorar.