Anos 80. O país desperézase na democracia. Dúas irmás xúntanse, tras vinte anos sen verse, para repartir a herdanza familiar.
Ana, a menor e progresista, fuxiu con 17 e estivo desconectada da familia mentres Laura, a maior e conservadora, quedou a coidar dos seus pais ao tempo que sacaba adiante á súa propia familia.
Durante este reencontro, lembran o pasado, xurden as pantasmas e os reproches…
pero descubrirán que teñen mais cousas en común das que crían. A reconciliación entre ambas, e cada unha consigo mesma, converterase nos alicerces dun esperanzador
futuro.
Esta obra está especialmente dirixida a quen poida lembrar outeña referenzas dunha época sen teléfonos móbiles, onde as nenas xogaban con bonecas “Mariquita Pérez”.