Lonxe dos teus abrazos é unha comedia romántica que nos mostra a dificultade dunha relación a distancia dun mozo e unha moza que soñan e queren ter unha vida adulta, pero que non rematan de adaptarse ao que se lles prometeu cando eran nenos.
Amelia é filósofa, traballa nun supermercado mentres prepara a oposición a profesora. Vive en Galicia e trata de curar unha depresión que non entende.