Unha comedia escura e tenra para toda a familia (nais e fillas incluídas).
As relacións entre nais e fillas son profundas e complexas. Mamá! explora os matices e as arestas destas relacións a través de nove divertidas historias nas que nais e fillas se insultan, se respectan, se apertan, se pelexan, se buscan, se distancian, se ignoran, se coidan, se odian e, por suposto, se queren.



