En “Munuwa” tratamos de presentar unha obra actualizada nun contexto moi normal no día de hoxe, pero cunha decisión que pode cambiar a vida de máis dunha persoa.
Un profesor de mediana idade, Darío, canso da vida rutinaria que levaba mantendo á súa ex-muller (Lola) , aturando os caprichos do seu fillo adolescente e as bulras do seu mellor amigo (Guzmán) , toma a decisión de mudar radicalemente de vida e irse ao outro lado do mundo. Para prepararse introduce na súa vida as costumes oceánicas munúwas, que comparte cos seus, incluíndo a arte culinaria á súa fiel sirventa Enriqueta.
Obra tremendamente representativa do hastío no que viven determinadas persoas, cansas dunha rutina que non lles fai felices e buscan a felicidade, aínda que sexa noutros mundos totalmente diferentes. Nunca quixestes dar un xiro radical ás vosas vidas? Pois mirade o que lle sucede a Darío cando quere dar o paso.