(Antas de Ulla) Nós, a historia de Galicia

» Provincia

» Localidade

Antas de Ulla

» Email de contacto

teatroantasdeulla@gmail.com

» Teléfono de contacto

619906206

» Xénero

» Típo de público

» Nº de actores/actrices

» Duración

» Cartaz e Sinopse

Ficha técnica

Un grupo de nómades primitivos chega ao fin da terra coñecida: un lugar verde onde non para de chover. Por algunha misteriosa razón deciden deixar de camiñar e quedar a vivir alí.
Así comeza NÓS, un espectáculo que percorre a historia de Galicia desde os primeiros asentamentos ata a actualidade.
A través de escenas cheas de humor, NÓS viaxa polos momentos clave que foron construíndo a nosa identidade: os primeiros poboados neolíticos, a orixe do minifundio, a cultura castrexa, a chegada de Roma, o reino suevo, as revoltas irmandiñas, os séculos escuros, o Rexurdimento e moitos outros episodios que explican quen somos.
No escenario veremos como os primeiros habitantes tentaban domesticar animais salvaxes, como eran as “clases” de romanización na Gallaecia, como se disputaban os cargos da nobreza nos tempos dos Reis Católicos ou como os galegos inventaron a guerra de guerrillas para expulsar os invasores franceses.
NÓS é un espectáculo para todos os públicos que mestura teatro e divulgación histórica. Unha proposta que busca algo moi simple: coñecer a nosa historia mentres rimos dela.
Porque NÓS é iso:
a nosa historia posta en escena.
Para vela.
Para rirmos dela.
E para lembrarmos quen somos.
Comparte nas túas redes

» Vídeo e imaxes

Súmate á FEGATEA

Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.