Estrea en setembro!
O principiño é unha narración curta do escritor francés Antoine de Saint-Exupéry, que trata da historia dun pequeno príncipe que parte do seu asteroide nunha travesía polo universo, onde descobre a estrana forma na que os adultos ven a vida e comprende a valía do amor e a amizade.
O principiño é considerado como un dos mellores libros de todos os tempos e un clásico contemporáneo da literatura universal.
Por causa do seu estilo sinxelo e directo foi considerado para nenos, mais o seu profundo carácter reflexivo sobre a vida, a sociedade e o amor, convírteno nunha narración de interese para todos e todas.