O Randiña acode á consulta despois de levar unha chea de tempo agardando pola cita.
Xa na sala, mentres espera a que o chamen, comeza a contar as súas peripecias e mais as dos veciños que tiveron que ir ao hospital, cada cal máis pintoresca ca anterior. Entre historia e historia, pasa o tempo… e ao final marcha sen chegar a ser atendido.
Uns días despois volve, decidido a non quedar outra vez sen consulta. Desta volta é atendido polo doutor Anastasio, que lle explica os resultados das análises e lle indica as medidas que terá que tomar para poder seguir cunha vida máis saudable e mellor levada.
Asociación dramatúrxica Pico do Castro de Foz arquivos – FEGATEA





