É o intento dunha compañía de teatro que naceu hai 16 anos no concello de Oleiros e resístese a desaparecer a pesares das adversidades.
“Mentres quede alguén que prefira ir ao teatro que ficar na casa… e apoie o esforzo dos intérpretes por torpe que sexa, nós seguiremos montando obras!”
Unha comedia, mestura de chirigota, monólogo a tres voces, con cancións en directo para público adulto! “Estamos fartos de ter que calar, de achantar, no día a día…”
Grazas por vir ver o teatro amatérrrggg!!!
Vós sodes o público polo que seguiremos sobre as táboas! Axóuxere por sempre!!!