(Ollomao) Pan con chocolate

» Grupo

» Provincia

» Localidade

Barreiros

» Email de contacto

rcasasoroza@gmail.com

» Teléfono de contacto

635501356

» Xénero

» Típo de público

» Nº de actores/actrices

» Duración

» Cartaz e Sinopse

Ficha técnica

Tres “nenos” e tres “nenas” que se acaban de “retirar” reúnense para celebrar a xubilación da máis nova dos seis e, inevitablemente, recordan as cousas da súa vida, de cando, efectivamente, eran nenos e nenas. Así, pouco a pouco, van saíndo temas que a todas e todos nos resultan familiares.

E así, da súa man, imos recreando aquel mundo dos anos 60-70 do século pasado.
Un mundo no que os nenos e nenas soñan con marchar da aldea para acadar unha vida “mellor” na cidade ou mesmo no estranxeiro (Francia, Alemaña, Suíza)… No que aínda perduran (e canto tempo seguirán perdurando!) vellas  ideas fondamente arraigadas. Ideas que farán que haxa xente que marche da aldea non só pola atracción urbana senón tamén pola exclusión social na propia aldea. É o caso dos fillos, e nomeadamente das fillas de solteira.

Un mundo de…

Amigos e amigas que comparten as súas inquedanzas e as súas dúbidas. Un mundo de descubrimentos constantes, de aprendizaxe continuo, non sempre o máis axeitado, pero sempre necesario.
Un mundo, no que as curandeiras e curandeiros, as compoñedoras e compoñedores, substitúen a inexistente atención sanitaria. No que aínda quedan “escapados” polos montes; “tolos e tolas” para os que a guerra aínda non acabou.

Un mundo de…

Nenas e nenos que están descubrindo a sexualidade. Unha sexualidade convenientemente “filtrada” pola omnipresente igrexa. A relixión sempre no centro das súas vidas para “encher de pesadelos os nosos soños e de culpabilidade os nosos corazóns”
De todos os xeitos, os recordos, as lembranzas,  por malas que foran, sempre se van suavizando co paso do tempo. Por moi mal que o teñas pasado cando eras nova, cando volves a vista atrás, recordas aqueles anos con tenrura, con agarimo,…, con nostalxia,…eu que sei…
O caso é que cando se xuntan tres ou catro persoas daquela xeración,  sempre, sempre, sempre, se veñen á cabeza aquelas merendas de PAN CON CHOCOLATE.
Comparte nas túas redes

» Vídeo e imaxes

Súmate á FEGATEA

Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.