“Pantasmas” presenta o retrato da sociedade cristia-burguesa da época tomando como exemplo a súa institución básica: a familia.
Nela evidencianse as desigualdades de xénero e de clase xunto co poder conservador da relixión.
A rebelión feminina, ao mais puro estilo Ibseniano, debuxa nesta obra, a esperanza cara a unha nova alternativa social.
As pantasmas viven en cadaquén, agochadas, como metáfora dun pasado cuberto de lodo e que non deixa de buscar xustiza.





