D. Damián, Director Xeral da empresa Soutelo Enterprise, recibe a visita dun estraño personaxe que se manifesta coma o seu Anxo da Garda, e que lle ven anunciar o seu inmediato pasamento. Durante a conversa que teñen estes dous personaxes, acaba por saír á luz, que a esposa de D. Damián estalle poñendo os cornos con Francisco Lojo, alcalde de “Alcolito”, lugar onde se vai instalar unha gran refinería de Soutelo Enterprise, grazas as corruptelas que se traen entre o alcalde e D. Damián.
Movido pola vinganza D. Damián refuga esa concesión, e outórgalla á vila de Buxo, cando o seu alcalde, Emilio (Milucho, para os amigos) ,está a facerlle unha visita. Os acontecementos precipítanse perante o que vai ser a inminente morte de D. Damián, ata un desenvolvemento final totalmente sorprendente e inesperado, que impactará aos espectadores.