(o Canteiro) Quen carallo matou a Suso?

» Grupo

» Provincia

» Localidade

A Coruña

» Email de contacto

albertoderon@yahoo.es

» Teléfono de contacto

650733117

» Xénero

» Típo de público

» Nº de actores/actrices

» Duración

» Cartaz e Sinopse

Ficha técnica

En casa do empresario Suso da Torre e a súa esposa Marta, xúntanse un grupo de amigos e familiares para celebrar o fin de ano.
Todo está disposto para unha celebración perfecta. Pero a noite non vai acabar ben. Sobre todo para o anfitrión, pois vai falecer como consecuencia do disparo dunha pistola.
Accidente?, suicidio?, ou alguén decidiu que Suso debía morrer?
A policía terá moi complicado descubrir que sucedeu. Nada é o que parece. Os sorrisos esconden secretos, as miradas evitan verdades incómodas… e todos teñen algo que ocultar.
Unha comedia disparatada sobre as relacións humanas. Entre enredos, segredos e situacións absurdas, aflora a hipocrisía que ás veces nos define, o amor en todas as súas formas e ese desamor que se disfraza de rutina.
A historia xoga coa fina liña entre a fidelidade e a infidelidade, coa dor que cala e o rancor que se acumula en silencio, esperando o seu momento para saír á superficie… se é posible no peor instante.
E todo iso sen esquecer o inevitable: a morte, que aparece como detonante da tolemia, e o perdón, que quizá chegue demasiado tarde… ou xusto a tempo.
Unha mestura de caos, risas e verdades incómodas que demostra que, cando todo parece decaerse, o humor pode ser a única táboa de salvación.

O Canteiro arquivos – FEGATEA

Comparte nas túas redes

» Vídeo e imaxes

Súmate á FEGATEA

Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.