Gaia é unha nena de 11 anos que sente a necesidade de medrar canto antes, conseguir un bo traballo e gañar cartos para triunfar na vida e poder axudar a súa nai.
Aínda que ela non se da conta, está moi estresada pola presión dos estudos e os resultados. A súa nai tenta que se relaxe e disfrute, pero Gaia é moi estricta, sobre todo con ela mesma.
Unha noite, por arte de maxia, Gaia atópase nun estraño espazo cun curioso personaxe chamado Hédor e mais os seus compañeiros da Patruxa de Control de Nenoas Precoces, Xisca e Xosco. Para conseguir ser membro da Patruxa, Hédor debe convencer a Gaia de que cando medre non esqueza seguir tendo ilusión e desfrutar da vida. Se fracasa, Hédor non será da Patruxa endexamais.
Gaia, ao principio, cre que Hédor é parvo e non ten moito interese nel. Pero cando ve que un personaxe chamado Medranenoas asusta moito a Hédor e se porta coma un abusón con el, Gaia decide axudar a Hédor porque non soporta aos abusóns.
O Medranenoas, que semella ser unha persoa normal, quere roubar a ilusión de Gaia e asegurarse de que se converte nunha adulta gris e aburrida.
Conseguirá Hédor evitalo? Quererá Gaia seguir a ter ilusión?
Advertencia: Hai cancións cantadas en directo e moito humor. Coidado! Que igual aoas pais e nais gústalles mais que aoas nenoas!